O apartado de pandeireta ten os seus comezos sobre o curso 1988-89 e vai trocando tanto de compoñentes como de directores ata a súa desaparición no ano 1999. Xa no 2006, ábrese unha escola de canto e pandeireta e constitúese o actual grupo de pandereteiras.
O actual director é Carlos Álvarez, e o seu traballo baséase no ensino de cantigas populares froito do traballo de recolleita feito por el mesmo e pola A.C. Lembranzas da Ría.
É deste xeito como o grupo aprende os cantares dos distintos puntos de Galicia e as súas características, o que leva ás compoñentes do grupo a utilizar outros instrumentos de percusión ademáis da pandeireta, como poden ser a lata, as culleres, a botella de anís, a pandeira… así como o acompañamento de gaita e/ou acordeón cando así se precise.
Compoñentes:
- Aida Carballo
- Alba Portas
- Ana Ruiz
- Ana Novas
- Ana Vidal
- Claudia Álvarez
- Estela Martínez
- María García
- Marta Camaño