A charanga nace a finais do ano 2002 no seo da asociación cultural Lembranzas da Ría, dentro da sección de acompañamento músico-instrumental. Ata ese momento a música corría a cargo do cuarteto tradicional. Nun comezo adícanse só a acompañar á formación de baile, pero co paso do tempo son numerosos as festas e festivais que requiren a súa presencia para tocar. É así como se vai consolidando o cuarteto e, sobre todo, a charanga. O seu repertorio cubre unha hora de actuación.
O director é Roberto Sotelo, gaiteiro formado dentro da asociación dende o ano 1989 de xeito autodidacta. Para elaborar o seu repertorio nútrese das melodías recollidas, de cancioneiros ou incluso de pezas de autor.
O cuarteto tradicional está formado por dúas gaitas, tamboril e bombo, mentres que a charanga está formada por dúas ou tres gaitas, clarinete, acordeón, tamboril, bombo-chaston e pandeireta, así como o acompañamento de voces do grupo de pandereteiras nas pezas que así o requiren.
Compoñentes:
- Anxo Outeirelo
- Roberto Sotelo
- Serafín Santos
- Sandro Sotelo
- Fran López