Mestres

GAITA

  • Roberto Sotelo

Comeza a súa andaina como percusionista na A.C. Lembranzas da Ría en 1989. Formouse como gaiteiro autodidacta en 1993 e comeza a ser mestre en dita Asociación en 1999. Tamén foi compoñente da Banda do colexio do Hío, membro da asociación Meiramar Axóuxeres, fundador e membro actual do cuarteto tradicional Ludovaina e compoñente e director da Charanga Lembranzas da Ría. Ademáis imparte clases en asociacións como: Antoxo, Pais de San Roque, Recordos, Ardanceiros, etc.

BAILE

  • Manuel Cobas

Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, e Abertal de A Rúa de Valdeorras , así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).

Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.

 BAILE EN FAMILIA

  • Bea Díaz

Psicomotricista, fisioterapeuta pedriática e mestra de baile. Formouse como bailadora na Asoc. Monteira de Danzas do Mundo de Vigo, an A.C.F. O Fiadeiro, na A.F. Albendeira de Vigo e actualmente na A.C. Lembranzas da Ría, asistindo a cursos e clases con Manuel Cobas, Luis Prego, Serxio Cobos, … Foi docente de danza tradicional e danzas do mundo en distintas zonas da xeografía galega e española (Vilagarcia, Sarria, OUrense, Lalín, Madrid,…)

Participou en en espectáculos de danza das compañias GS21, Brume e Circio. Ademais colaborou cantando en discos de Ardentía, nos libro-discos “Para cantar e bailar” e “Xogos musicais” de Luis Prego (Ed. Cumio)

 PANDEIRETA

  • María García

Iniciou a súa formación en pandeireta no ano 2003 da man do grupo de pandereteiras Veña que Vai, participando na escola de dita formación ata o ano 2006.

Ese ano pasou a integrarse como pandereteira e bailadora na Asociación Cultural Lembranzas da Ría na que segue en activo actualmente. Dende o ano 2010 imparte clases de pandeireta e canto na escola desta asociación e dende 2016 faise cargo da dirección do grupo titular de pandereteiras.

Actualmente tamén forma parte doutras asociacións como a Asociación Cultural Folclórica As Lagharteiras de Mos na que se incorporou no ano 2010 como pandereteira, ou a Asociación Cultural O Gato de Vilariño onde imparte clases de canto e pandeireta dende 2015.

  • Nébeda Piñeiro

É integrante das pandereteiras de Cantigas e Agarimos (Santiago) e foi socia fundadora do grupo Traspés (Vigo).

Na actualidade dirixe a escola de pandeireta do Ceip do Hío, a Lina e Lola e  a escola infantil de pandereteiras de Cantigas e Agarimos .

Leva desde o ano 2005 en Lembranzas da Ría, 7 deles como profesora do grupo infantil de pandeireta.

PERCUSIÓN

  • Pablo Fandiño: 

Membro do grupo Soavela coma bailarín e percusionista. Actualmente é integrante da A.C. Lembranzas da Ría.

Imparte clases en Soavela e na banda de música María Soliña

ACORDEÓN:

  • Alex Balbuena

Naceu en Vigo no Barrio do Calvario, onde comezou ós 8 anos os estudos de acordeón con Elena Menchero e 6 anos despois continúa as súas clases con Manuel Olegario, con quen segue colaborando no grupo de acordeóns “Tarataña”.

Recibiu numerosas master classes entre outros de Jorge Arribas, Fernando Fraga, Kepa Junkera, Karen Tweed ou Mairtin´Connor. Ten tocado No Festival de Ortigueira, Festival de Pardiñas, Lorient, Festival Intercéltico de Aviles entre outros festivais.

No ano 2013, fai a primeria publicación do libro CD “Acordeón tradicional e folk galego”, para acordeón cromático.

En 2015, publica o libro CD “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”,  para acordeón diatónico.