Fin de Curso

Para celebrar o fin de curso das escolas da Asociación, organizamos unha festa na que participan todos os alumnos das escolas para amosarnos todo o aprendido durante o curso cos nosos profesores. Así aproveitando a ocasión para que todos disfrutemos dun día de baile, canto e música.

DSC_0498.JPG

Advertisements

Festival Lembranzas da Ría

A asociación celebra desde o ano 2011 nas festas do Cristo o seu festival. Mostrando nel o repertorio preparado durante todo o ano polo grupo.

Nel actúa outro grupo de baile ou/e música de fora de Cangas amosando tanto bailes pezas de música ou cantadas que utilizan nas actuacións que fan._8224112.JPG

MAGOSTO

Todos os anos polo mes de novembro a Asociación organiza na alameda vella de Cangas o tradicional Magosto con castañas e xogos populares. Todo amenizado con música e baile tradicional.IMG_1671.jpg

 

 

FESTIVAL INFANTIL

No mes de decembro, a Asociación Lembranzas da Ría organizamos o Festival Infantil de baile e música.

Cada ano ademáis dos máis pequenos da agrupación, veñen grupos de todo Galicia plasmando o que fan noutras escolas de baile e música tradicional que hai repartidas por todo o noso país

 

IMG_2658.JPG

Serán Lembranzas da Ría

En outono en Cangas organizase desde fai anos o serán de Lembranzas da Ría.

No cal tanto agrupacións, grupos de amigos, etc.. Durante toda a tarde e noite todas esas personas dedicanse a bailar, cantar e a tocar para toda a xente alí congregada.

No serán hai chocolate ao longo da noite, tamén sorteos para os asistentes.

En un grande evento para pasalo ben e aprender novos puntos, músicas e pezas da canto.

 

IMG_9097.JPG

Ranchos de Reis

A Asociación tentando recuperar as danzas de reis, baila todos os anos nesa época en Cangas varios bailes que se facían nestas datas.

Acompañan estes bailes os cantos de reis que as nosas pandereteiras aprenderon e que se tocaban durante o nadal.

 

IMG_2496.JPG