Inicio

A asociación cultural Lembranzas da Ría fórmase en Cangas do Morrazo a finais do ano 1984, baixo a dirección de Xosé Menduíña Bastón. Nace en Aldán e durante os primeiros anos realizan os seus ensaios na rectoral, co paso dos anos pasan a realizar os seus ensaios en Cangas ampliando así as súas actividades. No ano 1992 abren clases para nenos e nenas ofertando gaita, pandeireta e canto e baile.

Co paso do tempo os seus compoñentes mostran curiosidade e inquietude pola nosa tradición. A súa fin primordial será a de recoller, investigar e promove lo folclore da nosa terra. Para iso, levan a cabo un traballo de campo percorrendo as aldeas de toda Galicia, onde o baile e máis a música, xunto co traballo, formaban parte da vida diaria. Froito deste labor de c ampo é o repertorio que esta asociación pode mostrar ó público, intentando en todo momento plasmar d o mellor xeito posible o aprendido polos seus informantes.

Dende o ano 1994 ata a actualidade, é Manolo Cobas quen dirixe o grupogrupo de baile , sendo tamén o director artístico da asociación, xunto co director de gaita Roberto Sotelo e a directora de Canto e Pandeireta Margot Gayoso.
Dende o ano 2006, Lembranzas da Ría amplía as súas actividades dentro da asociación, con escolas de gaita, percusión, pan deireta, canto, baile e acordeón. Actualmente a asociación conta cunha escola entre 150 e 200 alumnos.
Cabe destacar a recuperación feita pola asociación da Danza de Darbo e o Entroido tradicional de Damas e Galáns de Darbo.
No 2009 a asociación celebr ou o seu XXV aniversario facendo unha gala onde xuntaron a excompoñentes do grupo dende os seus comezos. Fíxose un percorrido dende os comezos da asociación, mostrando algunhas das pezas que se bailaban no inicio ata ese momento.

No ano 1994 concédeselle o premio Xiria á Labor cultural , no 2011 o Premio Cacarexo e no 2015 o premio Xohán de Cangas ao labor cultural.

Nas súas actuacións máis sobranceiras cabe destacar varias participacións nas Xornadas de Folclore Galego en Santiago de Compostela, actuació ns fora de Galicia como Salamanca, Burgos, Menorca, Madrid, Segovia, numerosos Festivais en Portugal e no Festival De la Danse Bretonne en Guingamp na Bretaña, a sí como numerosas actuacións na TV como o ”Luar “ ou “Dende Galicia Para o Mundo”.